Ethel Vázquez, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, anuncióu unha inversión millonaria para dous proxectos da Xunta de Galicia en Ourense.
Un investimento da Xunta por valor de 5,4 millóns de euros permitirá mellorar a mobilidade na Avenida das Caldas e no paseo entre Os Remedios e Expourense.
Inversión millonaria para dous proxectos da Xunta en Ourense
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron as dúas licitacións que ten a punto a institución autonómica.
Este luns convocouse a licitación para acondicionar a Avenida das Caldas por un importe de 1,4 millóns de euros. Ábrese deste xeito o período no que as empresas poderán optar a este contrato que permitirá humanizar esta rúa. Os traballos a realizar suporán unha humanización integral dos 600 metros da rúa con beirarrúas máis anchas (entre 2 e 5 metros) e carril bici.
Cun orzamento de 3,8 millóns de euros, tamén foi licitado o proxecto para acondicionar a senda peonil entre Os Remedios e Expourense. Os 3,5 quilómetros de lonxitude desta senda verán mellorados os pavimentos e accesibilidade.
Si se cumpren os prazos previstos, ambas obras terían que estar rematadas a finais do ano 2024. Unha vez rematados os traballos, Ourense contará cunha senda que conectará a Estación Intermodal con Expourense pasando pola Avenida das Caldas, Ponte Romana, Paseo do Barbaña e Pazo dos Deportes Paco Paz.