O concello de Ourense aprobou unha inversión millonaria para arranxar as rúas da cidade nun expediente que podería estar en marcha no mes de marzo de 2023.
Inversión millonaria para arranxar as rúas da cidade
«Poñer moitísimos máis recursos humanos e técnicos na rúa para realizar o mantemento das infraestruturas urbanas» é o obxectivo deste proxecto, indica o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
A inversión que realizará o concello será de 3,5 millóns de euros. A xunta de goberno local aprobou o expediente que permitirá contratar o mantemento e reparación de infraestruturas urbanas. «É algo que teñen outras cidades e en Ourense nunca se implementou e é o noso grupo de goberno o que o vai realizar».