Noticias

San Francisco e o Arqueolóxico recibirán 40,5 millóns de euros

O Goberno destina máis de 40,5 millóns de euros á recuperación do complexo de San Francisco e á rehabilitación do Museo Arqueolóxico Provincial.

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca estes investimentos para recuperar edificios históricos e modernizar os equipamentos culturais da provincia.

San Francisco e o Arqueolóxico recibirán 40,5 millóns de euros

A actuación en San Francisco suma 23,8 millóns de euros, repartidos entre a Biblioteca Pública Nós (12 millóns) e a rehabilitación do Claustro e do Arquivo Histórico Provincial (11,8 millóns).

San Francisco e o Arqueolóxico recibirán 40,5 millóns de euros
Foto: PSdG.

A candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta, considera que estes proxectos demostran o compromiso do Goberno central coa conservación do patrimonio e a memoria colectiva.

Pola súa banda, a rehabilitación integral do Museo Arqueolóxico Provincial contará cun investimento previsto de 16,7 millóns de euros. O proxecto permitirá modernizar as instalacións, renovar os espazos expositivos e mellorar a conservación das coleccións.

A candidata ao Senado, María Fernández Ojea, destaca que a recuperación do museo tamén contribuirá a impulsar o turismo e a actividade económica. Desde o PSOE consideran que estas intervencións permitirán recuperar espazos emblemáticos e reforzar a oferta cultural de Ourense.

Botón volver arriba