O concello do Irixo celebra este domingo, 16 de xullo, a Feira do Tellado 2023 cun amplo programa de actividades que terá como protagonista ó cabalo.
Coa colaboración da Deputación de Ourense, o Inorde e a Xunta de Galicia, o concello do Irixo presenta a edición deste ano.
O Irixo celebra a Feira do Tellado 2023
O programa comezará ás 10h cunha ruta cabalar polos montes do Irixo e rematará coa entrega dos premios dos concursos que se realizarán. Polo medio do programa, destaca o xantar popular que reunirá un importante número de veciños e visitantes.
Programa da Festa do Tellado 2023
- 10:00h Ruta polos Montes de O Irixo.
- 14:00h Xantar Popular con pulpo e carne ao caldeiro.
- 17:00h Concurso Andadura menos de 1,5m de altura
- 17:30h Concurso Andadura máis de 1,5m de altura
- 18:30h Concurso Trote.
- 19:00h Carreira de burros.
- 19:30h Entrega de trofeos
Premios
- 1º premio: 75€ + trofeo.
- 2º premio: 50€ + trofeo.
- 3º premio: 25€ + trofeo.