Eventos

Jaime Moreda presenta en Taboadela o seu poemario Sabor a Haiku

O poeta ourensán Jaime Moreda presentará o seu último poemario, Sabor a Haiku, o domingo 24 de agosto ás 19:30 horas na Casa de Oficios de Taboadela, dentro da programación da VI Semana Cultural organizada polo Concello.

Moreda, que iniciou a súa traxectoria literaria no ano 2011 coa publicación do seu primeiro libro, conta cun amplo percorrido poético no que destacan tamén colaboracións especiais.

Jaime Moreda presenta en Taboadela o seu poemario Sabor a Haiku

Entre elas, os versos creados para a empresa Ourensana de Bebidas S.L., que lle encargou etiquetas personalizadas con textos inéditos.

Jaime Moreda presenta en Taboadela o seu poemario Sabor a Haiku

Con Sabor a Haiku, publicado en 2023, o escritor regresa por segunda vez á exploración deste xénero de orixe xaponesa, caracterizado pola súa estrutura breve de tres versos con 5, 7 e 5 sílabas.

O evento contará tamén coa participación do Mago Deimi, amigo persoal do autor, que ofrecerá un espectáculo de maxia para complementar a cita cultural. A combinación de poesía e ilusionismo promete unha xornada diferente, na que a palabra e a imaxinación compartirán protagonismo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.