Deportes

José Gago ofrecerá sesións de Taichi gratuítas

O Mestre José Gago ofrecerá un ano máis sesións de Taichi totalmente gratuítas no Xardín do Posío durante as dúas primeiras semanas de xullo.

Taichi na rúa cumpre a súa 38ª edición no 2022 e mantén unha importante demanda. Os beneficios deste deporte son un bo efecto chamada para os participantes.

José Gago ofrecerá sesións de Taichi gratuítas

Melloras na coordinación, a relaxación física e mental e a activación do sistema inmunitario son razóns de sobra para acudir a este evento. Será a partir do luns, 4 de xullo, cando o mestre José Gago imparta as sesións. Nas dúas primeiras semanas de xullo, as sesións serán ás 8h no Xardín do Posío.

José Gago ofrecerá sesións de Taichi gratuítas

A novidade desta edición serán as sesións de tarde. Na terceira semana de xullo, Taichi na rúa terá lugar nos Remedios ás 20h. «Levamos apoiando desde sempre esta iniciativa para todas as persoas de calquera idade, completamente de balde», sinalou Mario Guede, concelleiro de Deportes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.