Juan Ramón Costas Núñez tomou posesión esta mañá do cargo de Coordinador Xeral da Administración Municipal —figura equivalente ao city manager— do Concello de Ourense.
O acto celebrouse no salón de plenos e estivo presidido polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome.
O Concello de Ourense incorpora a Juan Ramón Costas como city manager
A incorporación de Costas Núñez supón un novo paso na reorganización interna da estrutura municipal, co obxectivo de mellorar a xestión administrativa e a coordinación entre departamentos.
