Eventos

Labra Fest 2025 trae punk, garage e rock internacional ao Café Cultural Auriense

O Café Cultural Auriense de Ourense converterase no epicentro da música alternativa coa chegada do Labra Fest 2025.

Este ciclo de concertos reunirá bandas de México, Estados Unidos e Portugal entre o 26 de xuño e o 4 de xullo.

Labra Fest 2025 trae punk, garage e rock internacional ao Café Cultural Auriense

A primeira cita será o xoves 26 de xuño coa actuación da banda mexicana Los Sex Sex Sex, representantes do punk rock máis irreverente chegados desde Puebla. A continuación, o domingo 29 de xuño, tomará o escenario o trío estadounidense The Schizophonics, procedente de San Diego, que ofrecerá unha descarga de high energy garage rock cun potente directo que xa é marca da casa.

O festival pechará o venres 4 de xullo cos portugueses The Twist Connection, banda de post rock garage que chega desde Coimbra para ofrecer unha mestura de sons eléctricos e ritmo contundente.

Labra Fest 2025 trae punk, garage y rock internacional ao Café Cultural Auriense

Todos os concertos comezarán ás 21:00 horas e o prezo da entrada será de 12 a 15 euros por día, segundo o evento. O lema do festival, “¡Imos aló MTF!”, promete unha experiencia vibrante e sen concesións para o público ourensán.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.