Eventos

Laza acolle unha nova edición do Ponte Farruca

Laza acolle unha nova edición do Ponte Farruca que se celebrará o 12 de agosto cun programa de actividades nas que a música será unha das principais protagonistas.

Grupos como «La Quinkillada», «The Teta’s Van» ou «As Silveiras do Támega» forman parte desta Romaría que consolida nesta edición o camiño iniciado en 2022.

Laza acolle unha nova edición do Ponte Farruca

Reivindicar o Colectivo LGTBI e a muller do Rural é a razón pola que se celebra o Ponte Farruca. O pobo de Laza participa activamente nesta Romaría na que se celebra a inclusión, a diversidade e a cultura LGTBI.

«Estamos comprometidos en crear un espazo seguro e acolledor para todas as persoas, sen importar a súa orientación sexual ou identidade de xénero. Estamos entusiasmados de dar comezo á nova edición da Romería Ponte Farruca e agardamos ver Laza repleta de persoas que comparten o noso compromiso coa igualdade, a celebración da diversidade e o apoio ao rural», indica un dos responsables da organización, Xacobo Novoa.

Laza acolle unha nova edición do Ponte Farruca
Foto: Organización do Ponte Farruca

Programa do Ponte Farruca

  • 11h – Apertura do recinto e Feira de Artesanía durante todo o día
  • 12h – Ponte Farruquiña – Fortunata e Honorata poñen a bata (xogos e actividades para os máis cativos)
  • 13h – Sesión Vermut coa Charanga Bicoia

Xantar na zona da Romaría – Churrasco por encargo e pulpeira – Postos ambulantes

  • 16:30h – Podcast Farruco no Bar O Cuartel
  • 17:30h – Obradoiro de Pandeireta e Canto – imparte Nando Saa
  • 18h – Tractorada Engalonada (Premio para o tractor máis orixinal)

Actividades de auga para cativos e non tan cativos

Laza acolle unha nova edición do Ponte Farruca
  • 19:30h – Actuacións musicais
    • A. C. Rebulir
    • Silveiras do Támega
    • Kuartetas

Postos ambulantes no recinto para cear

  • 22:30h – Concertos no recinto da Romaría
    • TNT
    • O Rabelo
    • The Teta’s Van
    • Quinkillada

Botón volver arriba