Este xoves, 31 de outubro, terá lugar unha lectura pública da antoloxía «Cousas da morte» da man da Agrupación Cultural Avantar.
Esta actividade, realizada en colaboración coa Federación Galiza Cultura, comezará ás 20h nas instalacións da tenda OZOCOgz.
Lectura pública de «Cousas da morte» da man de Avantar
A lectura desta obra de Castelao é unha das actividades programadas para a celebración do Samaín 2024. Sorteo de libros ou reparto de autocolantes tamén terán lugar durante o transcurso do acto.