As celebracións das Letras Galegas reúnen a 700 escolares na Praza Maior de Ourense para render homenaxe á escritora Luísa Villalta.
O concello de Ourense organizou un evento na Praza Maior no que participaron máis de 700 escolares de nove colexios.
As Letras Galegas reúnen a 700 escolares na Praza Maior de Ourense
Música, baile, poemas e lectura de manifestos formaron parte deste acto no que se recordou a figura da Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Tamara Silva, concelleira de Educación, deu a benvida ós escolares que realizaron as seguintes actuacións:
- CEIP Vistafermosa lectura dun manifesto da súa autoría,
- CEIP Mestre Vide cantou o himno galego,
- O Couto leu a poesía A primavera,
- Luis Vives interpretou a Muiñeira de Chantada,
- Padre Feijóo cantou a coro a cantiga O cuco,
- Vistafermosa bailou Millo verde,
- Albino Núñez interpretou a cantiga galega O Verdegaio,
- San Pío o baile Ana quere pan,
- Mestre Vide interpretou a cantiga Lela,
- Vistafermosa bailou unha muiñeira,
- O Couto a cantiga moderna Anímate a falar galego e o grupo Mondra, o baile Troupele.
- o coro do Padre Feijoo interpretou Eu son,
- Vistafermosa realizou un baile de zocos,
- Padre Feijoo interpretou un rap,
- a alumna Helena Iglesias do Mestre Vide recitou o poema Cantemos.