Noticias

O Concello de Barbadás licita o servizo de limpeza municipal

O Concello de Barbadás anunciou a licitación do servizo de limpeza das instalacións municipais, valorado en 676.515,84 euros, para resolver a situación de precariedade na que se atopa agora.

Este contrato, que abarca máis dunha vintena de edificios públicos, terá unha duración de dous anos e dará comezo ao día seguinte da súa formalización.

O Concello de Barbadás licita o servizo de limpeza municipal

Victoria Morenza, tenente alcalde, destacou que esta licitación busca mellorar a calidade do servizo e repercutir positivamente tanto nos empregados municipais como na veciñanza.

Auméntase a limpeza en centros de traballo como a nave de obras ou as gradas de fútbol”, afirmou, subliñando que a nova adxudicación permitirá un mantemento máis eficiente e continuo.

A empresa que resulte adxudicataria será responsable da limpeza de instalacións clave como a Casa Consistorial, o Museo da Gaita, o polideportivo, os locais de asociacións veciñais, os colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro, a Casa da Mocidade, os tanatorios, a Casa da Cultura, o CET e a xefatura da Policía Local.

Esta medida garantirá a prestación regular e constante do servizo durante o período de vixencia do contrato.

O Concello de Barbadás licita o servizo de limpeza municipal
Museo da Gaita. Foto: Concello de Barbadás

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.