Noticias

Castrelo de Miño acolle a Liga Galega de Remo Olímpico 2026

A Liga Galega de Remo Olímpico 2026 e o Campionato Xunta de Galicia de Traiñeiras de Longa Distancia celebraranse no Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño.

Esta cita consolida este enclave como escenario de referencia para o remo en Galicia.

Castrelo de Miño acolle a Liga Galega de Remo Olímpico 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentou a competición acompañado do alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez; a presidenta do Club Náutico de Castrelo, Beatriz Alberte; e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez.

Castrelo de Miño acolle a Liga Galega de Remo Olímpico 2026
Foto: Delegación da Xunta

A liga contará con cinco xornadas puntuables entre marzo e novembro. A primeira disputarase este sábado 7 de marzo, con ata 32 regatas entre as 10:00 e as 13:30h. Esta proba contará coa participación dunha ducia de clubes galegos, ademais de equipos convidados de Asturias e do norte de Portugal. Prevese a presenza de uns 300 deportistas por xornada.

Ademais, o 19 de marzo celebrarase no encoro de Castrelo de Miño o Campionato Xunta de Galicia de Traiñeiras de Longa Distancia, a primeira proba oficial desta modalidade en auga doce. As tripulacións absolutas percorrerán 7 quilómetros e as veteranas 5 quilómetros, nun sistema contrarreloxo con saídas desde as 11:00 h..

Espérase a participación de entre 40 e 50 traiñeiras, o que reunirá na localidade a máis de 500 remeiros.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.