Deportes

Daniel e Uxía, protagonistas galegos na Loulé Cup

Os saltadores do Club Ximnasia Pavillón, Daniel G. Imrray Carrasco e Uxía Branco Cidón, destacaron na Loulé Cup de Trampolín, celebrada en Portugal entre o 23 e o 25 de outubro.

O torneo reuniu a deportistas de distintos países nunha cita internacional de alto nivel.

Daniel e Uxía, protagonistas galegos na Loulé Cup

A delegación española acudiu ao evento con nove ximnastas da categoría júnior, acompañados polo seleccionador Guillermo Vila e pola adestradora Naila García.

Daniel e Uxía, protagonistas galegos na Loulé Cup
Foto: Club Pavillón

A competición serviu para que os participantes se midisen con outros talentos internacionais e gañasen experiencia de cara ao Campionato do Mundo Júnior, que terá lugar en Pamplona o vindeiro mes de novembro.

Uxía Branco acadou o pase á final en quinto lugar e rematou oitava, mentres que Daniel G. Imrray foi terceiro na fase clasificatoria e concluíu a competición cun meritorio cuarto posto. Uns resultados que consolidan o bo momento dos representantes do Pavillón e o nivel competitivo da ximnasia ourensá.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.