Luís Seara, candidato do BNG, culpa ó PP de castigar a Ourense o facilitar a continuidade de Gonzalo Pérez Jácome como alcalde.
Tras rematar o pleno de investidura no que Gonzalo Pérez Jácome foi elexido alcalde de Ourense, Luís Seara atendeu ós medios de comunicación.
Luís Seara culpa ó PP de castigar a Ourense
As declaracións do concelleiro nacionalista foron despois da tradicional ofrenda floral na estatua homenaxe á Bóveda. Seara indicou que o sucedido na votación «ten que ver co que representa o PP en Ourense, o máximo expoñente da indignidade política».
«Por segunda vez, o PP decide castigar a Ourense votando a Jácome para que sexa alcalde» destacou Luís Seara antes os medios. Na súa intervención, Seara pediu que Feijóo e Rueda «lle dean explicacións ás veciñas e veciños de Ourense por ter tomado unha decisión que castiga novamente ao noso Concello».
Ante as negociacións e pactos acordados na previa do pleno de investidura recordou que «o BNG é unha Organización seria, coherente e rigorosa como ten amosado de xeito reiterado e por tanto nós, sendo serios e rigorosos, tomamos a decisión que as veciñas e veciños puxeron nas nosas mans e por iso votamos ao candidato do PSdeG-PSOE para que houbera unha alternativa a este despropósito».