Noticias

Luís Seara pide «abrir un tempo novo»

Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense acudiu a votar e aproveitou para pedir á cidadanía «abrir un tempo novo».

O candidato do BNG votou ás 12h no IES Otero Pedrayo de Ourense acompañado por membros do BNG como Noa Presas e Iago Tabarés.

Luís Seara pide «abrir un tempo novo»

Seara pediu ós cidadáns «que aproveiten o día pero que tamén vaian votar porque hoxe é un día transcendental para o futuro do Concello de Ourense». Para Luís Seara, «no día de hoxe podemos abrir un tempo novo, unha fiestra á esperanza e á ilusión pois hoxe non soamente nos examinamos os candidatos e candidatas que nos presentamos senón que hoxe tamén se examina a sociedade de Ourense«.

Luís Seara pide "abrir un tempo novo"
Foto: BNG de Ourense

O candidato do BNG seguirá o reconto de votos na sede do partido na Rúa das Burgas.

Botón volver arriba