Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, reúnese co Foro Liceo para exporlle «as 20 medidas para transformar Ourense».
No acto que tivo lugar nas instalacións do Liceo de Ourense, Luis Seara estivo acompañado por Xosé Carballido, integrante da candidatura do BNG.
Luis Seara reúnese co Foro Liceo
As propostas que Seara trasladou ó Foro Liceo están vertebradas en 5 eixes fundamentais: Ourense como concello sostible e da auga, en movemento, creativo, económicamente activo. Entre as propostas nas puxo máis énfase atópanse a aprobación do PXOM, a creación dunha oficina de captación de Fondos Europeos, soterramento da Avenida Otero Pedrayo, un novo estadio no Couto e a creación de instalacións deportivas na Finca Santamariña.
Tamén se tratou na xuntanza a situación da actividade cultural. Luis Seara comprometeuse a recuperar a actividade da UPO e a potenciar o ciclo festivo.