Noticias

Luís Seara valorou o sucedido no debate da TVG

Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, valorou o sucedido no debate da TVG como «unha falta total e absoluta de respecto á veciñanza de Ourense».

Onte pola mañá esta programado un debate na TVG entre os candidatos á alcaldía de Ourense do PP, PSOE, BNG, DO e Ciudadanos. Nun primeiro momento, todos os candidatos tiñan confirmada a súa presenza pero no último momento todo se torceu.

Luís Seara valorou o sucedido no debate da TVG

Os candidatos do PP e o PSdeG-PSOE decidiron non acudir para non debater con Jácome tras a publicación dos polémicos audios. Esta situación provocou que ós cinco minutos de comezar o debate, Pérez Jácome abandonase o mesmo pola ausencia dos candidatos do PP e o PSOE.

Esta situación provocou que Luís Seara ficara «avergoñado primeiro como veciño deste Concello e tamén como candidato e o primeiro que quero facer é pedir desculpas á veciñanza que tivo que soportar semellante bochorno».

Luís Seara valorou o sucedido no debate da TVG
Foto: BNG de Ourense

A ausencia dalgúns candidatos no debate «ten que ver co feito de que PP, PSOE e DO, teñen máis que ocultar que o que teñen que ofrecer ao conxunto das veciñas e veciños», indicou Seara. O candidato do BNG recorda que «estamos no tempo da política, no tempo de contrastar as nosas propostas e as nosas ideas e facelo ademais con transparencia para que todo o mundo poida saber cal é a nosa oferta electoral e o noso proxecto de cara o vindeiro mandato«.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.