O concello de Maceda celebrará o seu tradicional magosto no Parque do Toural cunha proposta gastronómica acompañada de actuacións musicais.
O venres, 10 de novembro, os veciños e veciñas de Maceda teñen unha cita ás 21h para celebrar en comunidade o Magosto 2023.
Maceda celebrará o seu magosto no Toural
Esta festa estará acompañada musicalmente pola charanga A Felga e Os Chouteiros que animarán ós asistentes mentres degustan o menú.
O prezo desta comida varía en función da idade sendo de 16€ para os adultos e de 9€ para os asistentes que teñen entre 6 e 12 anos. O prazo de inscrición rematará o 8 de novembro.
Menú do magosto en Maceda
- Empanada variada
- Orella e morro
- Churrasco mixto con chourizo
- Refrescos, viño e auga
- Café, bica e choupiños
- Castañas