O concello de Maceda presenta o seu cartel de Entroido para a edición de 2024 que segundo anuncian, contará cunha programación ampla e intensa.
Antela Loreto costa Muñoz é a autora do cartel do Entroido de Maceda 2024 que reunirá de novo a decenas de persoas de toda a provincia que se achegarán a esta localidade.
Maceda presenta o seu cartel de Entroido
Nos próximos días coñeceremos todos os detalles da programación deste Entroido declarado «Festa de interese turístico galego». As actividades comezarán o venres, 2 de febreiro, e rematarán o sábado, día 17 de febreiro de 2024.