Eventos

Amencer abre a inscrición para as XX Mañás de Verán

A Asociación Xuvenil Amencer vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para as XX Mañás de Verán 2025, un programa de actividades lúdico-educativas dirixido a nenos e mozos desde 4º de Educación Infantil ata 2º da ESO.

O proxecto desenvolverase nas instalacións do Colexio Salesiano María Auxiliadora durante os meses de xuño e xullo, cun enfoque que aposta polo xogo como ferramenta de aprendizaxe e promoción da convivencia.

Amencer abre a inscrición para as XX Mañás de Verán

As Mañás de Verán non só buscan fomentar a participación, a creatividade e o traballo en equipo, senón que tamén teñen como obxectivo favorecer a conciliación familiar e laboral, ofrecendo alternativas adaptadas aos diferentes tramos de idade:

  • Mañás de Verán Infantil: para alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
  • Mañás de Verán Primaria: de 1º a 6º de Primaria.
  • Mañás de Verán ESO: para 1º e 2º da ESO.

As actividades celebraranse de luns a venres en cinco quendas semanais, desde o 23 de xuño ata o 24 de xullo. O horario habitual será de 9:30 a 13:30 horas, con marxes para a entrada e saída escalonada entre as 9:00 e as 9:30 pola mañá e entre as 13:30 e as 14:00 ao mediodía.

Amencer abre a inscrición para as XX Mañás de Verán

Para facilitar a asistencia, Amencer mantén servizos complementarios como:

  • madrugadores (de 7:45 a 9:00),
  • mediodía (de 14:00 a 15:15, con posibilidade de levar friameira), e tamén o
  • servizo de comedor, dispoñible no mesmo horario.

As familias interesadas poden consultar máis información e realizar as inscricións a través dos canais habituais da Asociación Xuvenil Amencer.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.