Eventos

Manuel Cruz inaugura en Ourense o ciclo de conferencias do PSdeG-PSOE

O PSdeG-PSOE de Ourense organiza este xoves, 9 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Ourense, un acto público aberto á cidadanía que contará coa participación do filósofo e ex presidente do Senado, Manuel Cruz.

Con esta cita, os socialistas dan inicio a un ciclo de conferencias que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas en diferentes puntos da provincia e que reunirá a destacados representantes do partido a nivel estatal.

Manuel Cruz inaugura en Ourense o ciclo de conferencias do PSdeG-PSOE

A intervención de Cruz levará por título “A eclipse das ilusións no mundo actual” e pretende ser unha reflexión aberta sobre a crise das grandes visións do mundo e o esgotamento das utopías contemporáneas.

Manuel Cruz inaugura en Ourense o ciclo de conferencias do PSdeG-PSOE

O filósofo, catedrático de filosofía contemporánea na Universidade de Barcelona, é autor de máis de corenta libros, dirixe varias coleccións e recibiu recoñecementos como o Premio Anagrama de Ensayo 2005. Ademais, colabora habitualmente en medios como El País, La Vanguardia, El Confidencial, a Cadena SER ou Catalunya Ràdio.

Na súa conferencia, Cruz analizará como “é cada vez máis frecuente que as grandes visións do mundo dominantes ao longo da modernidade se vexan completamente descalificadas co argumento de que todos os intentos por materializar os seus ideais se saldan con inequívocos fracasos”. Tamén revisará o século XX desde unha óptica crítica, deténdose na esquerda da ilustración, a caída do muro de Berlín e outros procesos históricos que marcaron o pensamento contemporáneo.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense convidan á veciñanza a participar neste encontro, que “servirá para reflexionar e procurar inspiración para comprender, e de ser o caso mudar, a realidade que latexa arredor de nós, alén de filtros ideolóxicos e da inacción do silencio”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.