O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na sede da Eurocidade Chaves–Verín na presentación do Circuito da Auga 2026, unha nova iniciativa deportiva de carácter transfronteirizo.
Durante o acto, Pardo explicou que este proxecto busca reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal a través do deporte, promovendo a colaboración entre administracións e entidades privadas.
Manuel Pardo presenta o Circuito da Auga 2026 na Eurocidade Chaves–Verín
A iniciativa está impulsada polas asociacións A Revolta Irmandiña, de Verín–Monterrei, e Flavius Challenge, de Chaves.

O representante autonómico destacou a importancia de consolidar espazos de cooperación estables no ámbito deportivo, social e económico entre ambos territorios, aproveitando a estrutura da Eurocidade como plataforma común de traballo.

