O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Laza, José Ramón Barreal, para analizar diferentes asuntos de interese para o municipio.
Durante o encontro, celebrado na sede da Delegación Territorial, ambas as dúas partes avaliaron cuestións vinculadas ás competencias da Administración autonómica que afectan directamente á localidade.
Manuel Pardo analiza proxectos co alcalde de Laza
O obxectivo da xuntanza foi coñecer de primeira man as necesidades actuais de Laza e avanzar en posibles vías de colaboración institucional.

Segundo trasladaron, a reunión permitiu poñer enriba da mesa diversas demandas municipais en ámbitos que dependen da Xunta, coa intención de reforzar a coordinación entre administracións e mellorar os servizos que recibe a veciñanza.

