A atleta do Club Ourense Atletismo, María Grande, logrou o Ouro nos 3.000 marcha F50 no Campionato Galego Máster de Pista Curta.
Este campionato, celebrado no recinto de Expourense, deixou outras medallas para os atletas do Ourense Atletismo.
María Grande logrou o Ouro nos 3.000 marcha
Na categoría feminina, ademais da medalla de Ouro de María Grande, tamén conseguiría o primeiro posto Ana Isabel Soutullo, neste caso nos 3.000 F45. Na proba de 3.000 F45 tamén obtivo o Ourense Atletismo unha medalla de prata con Dolores Delgado e nos 800 F50 sería Soledad Pousa a que lograría unha medalla de bronce.
O mellor posto en categoría masculina foi para Saturnino González que venceu nos 3.000 metros M60. Sergio Herrería logrou as medallas de prata en triplo salto e lonxitude e a de bronce en 60 metros M45. Antonio Touza lograría a medalla de bronce e lonxitude.