A escritora de Malpica, Marta Villar, presenta hoxe a súa última novela nas instalacións da Libraría Eixo da cidade de Ourense.
«Detective Ferruchi» supuxo para a autora gañar o Premio Xerais de Novela 2024.
Marta Villar presenta a súa última novela na Libraría Eixo
A historia que narra Marta Villar neste libro ten como protagonista a Sol Cortés. Tras deixar atrás o seu traballo, Cortés regresa a súa vila para abrir unha libraría.
O brutal asasinato do veterinario Xan Sequeiro da inicio a unha investigación realizada pola nosa protagonista. Esta novela tamén fai mención ás mulleres que nos anos oitenta formaban parte das cooperativas téxtiles e que lles permitiu iniciar a súa independencia económica.
Esta presentación terá lugar hoxe, 22 de novembro, a partir das 19.30h na Libraría Eixo.