O Martes de Entroido en Laza presenta actividades durante toda a xornada onde os peliqueiros veteráns, a música e o Testamento do Entroido teñen un papel destacado.
A xornada do martes de Entroido comeza en Laza coa saída dos peliqueiros veteráns. Esta saída polas rúas de Laza contará coa animación musical dunha charanga e un grupo de música tradicional.
Pola tarde, o Testamento do Burro, o Enterro do Entroido e o Loito dos Peliqueiros contarán tamén coa animación musical de orquestra e unha charanga.