Deportes

Athlos suma oito medallas no Máster N5

O Máster Territorial N5 Sub13 e Sub17 celebrado en As Neves (Pontevedra) deixou un excelente balance para a representación ourensá, que acadou un total de oito medallas nunha intensa xornada disputada o sábado 21 febreiro 2026.

A competición reuniu a xogadores e xogadoras das categorías Sub13 e Sub17, nun torneo que confirmou o bo momento da canteira ourensá.

Athlos suma oito medallas no Máster N5

O equipo estivo acompañado polas adestradoras Laura Valverde e María Ezquerro, que guiaron ao grupo nun campionato de alto nivel competitivo.

Athlos suma oito medallas no Máster N5
Foto: CB Athlos

Na categoría Sub13 participaron Sabela López, Elaia Baltar, Mónica Fernández, Alén Álvarez, Leo Álvarez, Daniel Fernández, Gabriel Sánchez e Martín Babarro. Pola súa banda, en Sub17 competiron Zoe Do, Jimena Rodríguez, Leah Freire, Tayri Fernández, Adrián Otero, Héctor Salgado, Antón González, Hugo Blanco, Adrián Seijo, David Casas e Daniel Álvarez.

Ouro en dobres masculino Sub17

O resultado máis destacado chegou da man de Daniel Álvarez, que conquistou o 🥇 no dobres masculino Sub17 xunto a Xoán Balboa, do CB As Neves. Ademais, o propio Daniel sumou outra medalla, nesta ocasión 🥈 no dobres mixtos Sub17 xunto a Carlota Balboa.

Catro pratas para Ourense

A representación ourensá acadou tamén catro 🥈:

  • Daniel Fernández e Gabriel Sánchez, en dobres masculino Sub13.
  • Sabela López e Elaia Baltar, en dobres feminino Sub13.
  • David Casas, no individual masculino Sub17.
  • Daniel Álvarez, no dobres mixtos Sub17.

Dúas medallas de bronce

Completaron o medalleiro dous 🥉 na categoría Sub17:

  • Adrián Seijo, no individual masculino.
  • Adrián Seijo e David Casas, no dobres masculino.

O balance final confirma a progresión do bádminton ourensán nas categorías base e reforza o traballo que se desenvolve durante toda a tempada nas escolas deportivas da provincia.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.