O Concello de Barbadás vén de aprobar dúas actuacións destinadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza e revitalizar os espazos públicos do municipio, cun investimento total que supera os 140.000 euros.
A primeira delas centrarase no Parque Lucinda, en Fonsillón, un espazo ata agora abandonado que se converterá nunha área de lecer interxeracional.
Concello de Barbadás inviste máis de 140.000 euros en melloras rurais
O proxecto inclúe a creación dunha cancha deportiva, unha zona de xogos infantís e un merendeiro con mesas de granito, cun orzamento de 68.970 euros.
A segunda actuación permitirá a rexeneración do firme da pista de acceso a Santa Uxía, en San Lourenzo de Piñor, mellorando a conectividade desta zona situada nun enclave natural privilexiado sobre o río Miño. O investimento ascende a 72.003,72 euros e busca favorecer tamén o asentamento de novos veciños no lugar.

Con estas iniciativas, o goberno local aposta por un modelo de convivencia activa e sostible, reforzando a vida comunitaria e a posta en valor do rural de Barbadás.