Noticias

Ourense podería contar cun lugar de memoria na praza de San Francisco

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense mostrou o seu agradecemento ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome polo interese amosado cara á proposta socialista de situar un conxunto escultórico na praza do complexo cultural de San Francisco.

O obxectivo sería identificar o espazo como lugar de memoria democrática, en lembranza das máis de cen persoas fusiladas alí durante a Guerra Civil e a ditadura franquista.

Ourense podería contar cun lugar de memoria na praza de San Francisco

O PSdeG agradece ao goberno local o interese pola proposta de instalar un conxunto escultórico que homenaxee ás vítimas da represión franquista.

Ourense podería contar cun lugar de memoria na praza de San Francisco

No pleno ordinario celebrado este mes de agosto, o concelleiro Armando Ojea manifestou que o executivo municipal valora a posibilidade de instalar unha homenaxe que «lembre a memoria das persoas que se mantiveron fieis ao seu cargo institucional e á legalidade vixente, e que ao mesmo tempo transmita a senrazón dos asasinatos cometidos«.

Dende o PSdeG consideran que esta iniciativa responde a unha débeda histórica con Ourense e que a súa execución non debe depender unicamente da achega doutras administracións como a Deputación ou a Xunta de Galicia. Así o manifestaron logo de que Ojea deixase entrever a posible colaboración doutras entidades para financiar o proxecto.

Os socialistas lembran tamén que levan anos reclamando que se faga efectivo o acordo plenario aprobado hai sete anos para renomear o Campo de Aragón como Praza da República, en aplicación da Lei 20/2022 de Memoria Democrática. O espazo está situado entre a Biblioteca Nós, o Arquivo Histórico Provincial e a Escola Municipal de Música e Artes Escénicas, un enclave simbólico para a cidade.

Porén, a voceira municipal do PSdeG e secretaria xeral da formación en Ourense, Natalia González, lamentou que o goberno local rexeite convocar o Consello Municipal de Memoria Histórica para debater este e outros temas relacionados. “Na nosa cidade queda moito por facer, tanto pedagóxica como democraticamente, para comezar a reparar o dano causado pola Guerra Civil e o franquismo. Consideramos que unha comisión efémera, como propón o edil Armando Ojea, non será suficiente”, subliñou.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.