As Xornadas Memoria e Muller terá lugar neste mes de marzo na vila de Celanova organizadas polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.
Os sábados, 16 e 23 de marzo, Celanova acollerá a presentación de dous libros e dous documentais de gran valor histórico. A maiores, o domingo 17, está programada a conferencia «Memoria do LGTB na Galiza do século XX» a cargo da historiadora Daniela Ferrández Pérez.
Memoria e Muller en Celanova
Quen contará a miña historia? é o libro que a escritora e historiadora Iria Morgade Valcárcel presentará o sábado, 16 de marzo, ás 17:30h no Auditorio de Celanova. A autora recolle no seu libro a represión que se viviu no Mosteiro de Oia que serviu de cárcere tralo golpe de estado de 1936. Iria Morgade estará acompañada da historiadora Lola Varela coa que realizará un coloquio.
Antes da presentación do libro de Morgade, proxectarase o documental «San Salvador, presos en Celanova» da directora Patricia Nogueira.
Para o sábado, 23 de marzo, a xornadas contarán en primeiro lugar coa proxección do documental «Dores» da directora Coral Piñeiro no Auditorio de Celanova. Despois da proxección, terá lugar a presentación do libro «Carmiña Sierra. A Primeira muller do seminario de estudos galegos». A autora, Aurora Marco, estará acompañada da escritora Susana S. Aríns coa que realizará un coloquio.