Noticias

Medio milleiro de nenos disputarán o Memorial Manolo Carrera en Velle

Medio milleiro de nenos participarán esta fin de semana na 13ª edición do Memorial Manolo Carrera de fútbol, que se celebrará no campo municipal de Velle o sábado 6 e domingo 7 de setembro.

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación do torneo, coa presenza do alcalde Gonzalo Pérez Jácome, o tenente de alcalde Aníbal Pereira, os concelleiros Ana Fernández e Antonio Fernández, o xefe do Servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, o deputado provincial Jorge Pumar e o presidente do Club Deportivo Velle, entidade organizadora, Paco Sotelo.

Medio milleiro de nenos disputarán o Memorial Manolo Carrera en Velle

Nesta ocasión, o memorial adianta as súas datas para non coincidir co arranque oficial da tempada, que comeza a seguinte fin de semana, e non contará con fase previa. O sábado xogarán os equipos benxamíns e o domingo os alevíns, con 16 conxuntos e 250 futbolistas cada día.

Medio milleiro de nenos disputarán o Memorial Manolo Carrera en Velle
Foto: Concello de Ourense

A competición arrancará ás 10.00 horas e prolongarase ata a final, prevista para as 19.30 horas. Entre medias, participantes e familias gozarán dun descanso con xantar conxunto, reforzando o espírito deportivo e de convivencia que caracteriza ao memorial.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.