Eventos

A Mezquita celebrará un gran magosto

O concello da Mezquita celebrará un gran magosto o sábado, 9 de novembro, na Casa da Cultura con varios concursos.

O acto central do Magosto da Mezquita neste 2024 será unha cea na que a empanada, o chourizo, o touciño e as castañas forman o menú.

A Mezquita celebrará un gran magosto

Ademais da cita gastronómica, o concello da Mezquita programou tres concursos. O primeiro é un concurso de cociña no que o gañador levará un premio de 90€. Tamén terá lugar unha interesantes carreira de sacos con premios de 30€ para o gañador de cada categoría (adultos e nenos).

O terceiro concurso deste magosto será o chamado «Arrapaña castañas». Neste concurso, os participantes terán que recoller o maior número de castañas nun tempo máximo de dous minutos. A inscrición neste concurso terá un custo de 1€ e permitirá gañar varios obxectos coma unha tesoira de enxerto ou un tixolo.

A Mezquita celebrará un gran magosto

Ó rematar a cea actuará o grupo Festicultores Troupe.

Botón volver arriba