A Mezquita, no concello da Merca, goza dunha larga xornada de Entroido que comezaba pola mañá cun percorrido dos galos polas rúas e remataba con música e baile.
Os veciños da Mezquita comezaron a xornada coa presenza dos Galos, persoeiros típicos do entroido desta localidade dende fai máis de 250 anos.
A Mezquita goza dunha larga xornada de Entroido
Un xantar veciñal que contou cunha numerosa participación foi o seguinte evento do día. Na antiga escola, os comensais gozaron dun xantar comunitario que lles permitiría coller forzas para o que viña a continuación.
O plan para a tarde era un baile que amenizaría a charanga Escachapeitos. Os músicos ofreceron as súas mellores pezas que foron correspondidas polos asistentes que bailaron sen parar. Tras máis de tres horas de baile, a xornada chegou ó seu fin e os veciños da Mezquita xa agardan unha nova saída dos Galos este martes, 21 de febreiro.