O concello de Monterrei celebra a súa I Festa da Vendima cunha programación que terá música, gastronomía e moita UVA.
Este sábado, 22 de outubro, a Vila de Monterrei acolle a primeira edición da súa Festa da Vendima. Este evento comezará ás 12:30h da mañá cun percorrido realizado por un folión de carros.
Monterrei celebra a súa I Festa da Vendima
Tras percorrer o traxecto entre a Finca Experimental da Deputación e o cruceiro de Monterrei, as uvas transportadas nos carros serán pisadas segundo o estilo tradicional.
Unha foliada será a seguinte proposta recollida na programación da festa. O Rancho Folclórico Sao Tiago de Mirandela (Portugal), Castro Floxo, Gaiteiros de Flariz e Os Trouleiros de Medeiros aportarán a súa música a esta primeira Festa da Vendima.
No apartado de gastronomía, a organización ofrecerá unha degustación de porco celta por un prezo de 5€. A preparación deste selecto manxar realizarase cun asado en vivo con viño da DO Monterrei. Tamén estarán presentes varios produtores de mel, repostería, queixo, embutido, castañas ou cervexa artesá.
Participantes na Feira Agroalimentaria
- DO Monterrei
- Cervexa Monterrei
- Valdabella
- Souto da Trabe
- Asubio
- Quesos La Montaña de Entrimo
- Panadería Álvarez
- Sovoral
- Pastelería Primavera
- Cárnicas Regueiro
- Terra de Baroncelli
A partir das 17h terá lugar un concerto a cargo do grupo Brañas Folk.