Deportes

Moreiras celebra a súa andaina o 12 de outubro

A localidade de Moreiras celebra a súa VIII andaina o 12 de outubro cun percorrido principal de 27 quilómetros de dificultade media-alta.

Moreiras celebra a súa andaina o 12 de outubro

A proposta que nos ofrecen os organizadores desta andaina será esixente e obrigará a facer un bo esforzo ós valentes que se decidan por facer o circuíto principal. Para aqueles que aínda non están preparados para afrontar ese reto, a organización previu dous circuítos alternativos. Un deles terá 21 quilómetros e o máis doado só terá 14.

VIII Andaina de Moreiras

  • Percorrido
    Circuíto principal – 27kms
    2º circuíto – 21Kms
    3º circuíto – 14Kms
  • Inscrición
    Redonet (Ervedelo 21, Ourense)
    Casa da Cultura de Moreiras (martes e xoves de 16:30h a 18:30h)
  • Nº máximo de participantes
    300 inscritos
  • Custe da inscrición
    12€ (inclúe a comida ó remate da proba)
  • Pago da inscrición
    Ingreso na cota facilitada pola organización e envío do xustificante do ingreso e unha copia do DNI ó correo andaina@moreiras.org
  • Prazo de inscrición
    Ata o 7 de outubro ás 14h.
Moreiras celebra a súa andaina o 12 de outubro

Organizan:
Asociación de Veciños de Moreiras
C.M.M.C. Moreiras-Trelle

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba