Noticias

Morre o ourensán Xosé Manuel Piñeiro

Morre ós 68 anos o ourensán Xosé Manuel Piñeiro, coñecido principalmente por presentar o programa da TVG Supermartes entre 1992 e 2005.

Xosé manuel Piñeiro Borrajo naceu en Allariz no ano 1957 e no ano 2018 tivo que deixar temporalmente o seu traballo na televisión ó padecer un cancro.

Morre o ourensán Xosé Manuel Piñeiro

Na actualidade, Xosé Manuel Piñeiro vivía en Santiago de Compostela, cidade na que faleceu esta pasada noite. Tras licenciarse en Filosofía e Ciencias da Educación, exerceu como docente na Universidade Laboral de Ourense e como orientador educativo nos Institutos de As Lagoas e Ferro Couselo.

Morre o ourensán Xosé Manuel Piñeiro
Xosé Manuel Piñeiro

No ano 1992 saltaba á primeira liña da TVG ó presentar o programa Supermartes. Este programa mantívose en antena ata o ano 2005 ofrecendo a Piñeiro unha gran relevancia no ámbito audiovisual galego. Tras presentar varios programas, no 2011 comezou unha nova etapa como presentador do programa Bamboleo.

Foi no 2018 cando anunciou a súa retirada temporal ó ser diagnosticado de mieloma múltiple. No ano 2019 anunciaba no programa Luar que estaba recuperado e retomaba a súa actividade profesional.

No ano 2020, Xosé Manuel Piñeiro recibía a Medalla Castelao.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.