Eventos

A mostra inmersiva “Misturas” chegará proximamente a Ourense

A Fundación Igual Arte continúa ampliando horizontes coa súa nova creación Misturas, unha experiencia inmersiva que convida o público a realizar unha viaxe a través dos sentidos.

Esta proposta, naceu en 2024 coa colaboración da Consellería de Cultura e Política Social e chega agora ás principais cidades galegas da man de Afundación, dentro do seu ciclo de actividades para escolares, e visitará Ourense proximamente.

A mostra inmersiva “Misturas” chegará proximamente a Ourense

O percorrido comezou hoxe na sede de Afundación en Pontevedra, cunha dobre función ás 10:00 e 12:00 horas. Este acto marca o inicio dunha xira que continuará por A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e, finalmente, Ourense. Na mesma, estudantes da cidade e da provincia poderán gozar dunha experiencia única.

A mostra inmersiva “Misturas” chegará proximamente a Ourense
Foto: Igual Arte

Misturas aposta por un formato adaptable a diferentes teatros e espazos, no que a iluminación, o son e o movemento se combinan para crear unha atmosfera envolvente. Non se trata só dun espectáculo visual e auditivo, senón dun viaxe sensorial e emocional. Esta mostra pon en valor a diversidade, as emocións e os encontros humanos.

Con máis de dúas décadas de traxectoria, a Fundación Igual Arte dá un paso adiante coa creación desta proposta. A mesma reflicte a súa filosofía de traballo: o arte como dereito universal e ferramenta de inclusión. A entidade, sen ánimo de lucro, leva dende 2002 ofrecendo un espazo no que persoas con diversidade funcional poden expresarse artisticamente e desenvolver as súas capacidades de forma profesional.

No marco deste proxecto, tamén participa a compañía de música tradicional vinculada ao Centro Ocupacional da Fundación. Alí, os artistas fórmanse e profesionalizanse no ámbito musical con fins laborais.

A chegada de Misturas a Ourense promete converterse nun dos eventos culturais máis singulares da tempada. Ofrecerá ao público novo unha oportunidade para experimentar o arte dende unha perspectiva sensorial e inclusiva.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.