A localidade de Mugares celebra as súas festas da Pascuilla os días 5, 6 e 7 de abril con varias propostas musicais, relixiosas e gastronómicas.
Un pasarrúas ás 20h do venres, 5 de abril, marcará o inicio das festas desta localidade do concello de Toén.
Mugares celebra as súas festas da Pascuilla
Na primeira xornada das festas de Mugares 2024, ademais do pasarrúas a cargo dunha charanga, a verbena contará coa participación da Orquestra Claxxon.
Para o segundo día, a música de charanga e unha procesión desde a igrexa á Capela das Angustias forman o programa da mañá. Os veciños e veciñas de Mugares celebrarán ás 14:30h, un xantar no Campo da Festa antes de continuar coa programación da tarde.
A actuación de Mayra e xogos para os máis cativos están programados antes da verbena na que actuarán as orquestras Capitol e Yukatan.
Para o domingo, 7 de abril, a música de charanga soará de novo nunha xornada na que a procesión sairá nesta ocasión da Capela das Angustias con dirección á Igrexa de Santa María de Mugares.