As socialistas de Ourense reivindicaron ás “mulleres que constrúen Ourense” e o seu papel fundamental para “facer cidade”.
Este acto organizouse con motivo do Día Internacional da Muller (8M).
As socialistas reivindican ás “mulleres que constrúen Ourense”
A secretaria xeral e portavoz municipal, Natalia González, destacou a necesidade de avanzar cara unha cidade máis igualitaria. Pediu que “ninguén teña que escoller entre ser nai ou ter carreira profesional, ningunha muller teña medo ao volver á casa e as nenas medren sabendo que poden ser o que queiran”.
Segundo explicou, desde o PSdeG en Ourense consideran que a igualdade tamén se constrúe desde o ámbito local. Solicita para este fin políticas públicas, servizos fortes, apoio á conciliación e recursos contra a violencia machista, priorizando os orzamentos para facelo posible.

O encontro contou coa participación da secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez. Tamén reuniu mulleres de distintos ámbitos —coidados, emprendemento, rural, cultura, deporte ou asociacionismo— que compartiron reflexións sobre o significado da igualdade no seu día a día na cidade.
Durante a xornada tamén se realizou o “Mural da Igualdade”. Esta acción simbólica permitu que centos de ourensáns e ourensás deixaron mensaxes e compromisos para construír un Ourense máis xusto e inclusivo. O acto estivo moderado pola concelleira María Fernández e rematou coa lectura do manifesto do 8M por parte da deputada Marga Martín.
Desde a organización advertiron tamén de que “hai quen cuestiona dereitos que parecían consolidados ou minimiza a violencia machista”, polo que defenderon que “os pasos atrás, nin para coller impulso”.

