Noticias

Múltiples problemas para os «busitos» de Ourense

Denuncian desde o BNG os múltiples problemas que suman os «busitos» do servizo de transporte público de Ourense.

«Cun investimento de preto de 14 millóns de euros pero con vehículos que xa advertimos no seu momento, non ofrecían as mellores garantías» indican desde o BNG.

Múltiples problemas para os «busitos» de Ourense

O voceiro nacionalista, Luís Seara, denuncia que «a día de hoxe até un total de oito dos novos autobuses, os denominados busitos, atópanse parados nunha nave desde hai días ou ben por avarías varias ou porque, como acontece con tres deles, de momento, non superaron as probas da ITV».

Estas avarías «constantes e múltiples» súmanse ós «problemas para poder superar as correspondentes ITVs debido a falla de homologación das rodas». Esta situación leva a Luís Seara a indicar que «estamos diante da gran estafa dos busitos».

Múltiples problemas para os "busitos" de Ourense
Foto: BNG de Ourense

Ante a aprobación do prego de licitación e modificación das liñas actuais, Seara pide que se escoite ós traballadores. Estes «reclaman aumentar os tempos das liñas xa que coas novas limitacións de circulación polo centro da cidade, de 50 a 30 km por hora e a extensión das liñas, fai que sexa imposible cumprir cos horarios actualmente establecidos de cabeceira a cabeceira».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.