Eventos

Múltiples propostas no Nadal de Verín

Múltiples propostas no Nadal que o concello de Verín organizou para que durante as festas non falten alternativas de fomento do comercio, lúdicas, deportivas ou solidarias.

A programación do concello de Verín para o Nadal 2022 ofrece un programa con actividades para persoas de todas as idades.

Múltiples propostas no Nadal de Verín

Programa completo das actividades programadas no Nadal de Verín 2022.

CAMPAÑA COMERCIAL “OS 6000 DE VERIN” DE AEVER

Ata o 27 de decembro

A campaña «Os 6.000 de Verín”, busca incentivar las compras en nadal, estará en funcionamento ata el 27 de decembro. O sorteo terá lugar el 28 de decembro.

Organiza: Aever Verin. Colabora Concello de Verin.

LUDONADAL

Desde o 22 decembro ao 5 de xaneiro / Pavillón Municipal de Deportes.

Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 14:00 h.

Servizo de ludoteca  dirixida a nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Organiza: Concello de Verín.

BELÉN DA VIRUCA

Do 8 de decembro ao  9 de xaneiro / Salón parroquial.

Horario: luns a venres de 17:00 a 19:00h. Domingos e festivos de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:0h

Belén de gran tradición familiar que mostra a veciños e veciñas e visitantes escenas típicas da tradición relixiosa. Un Belén que é posible grazas á dedicación desta familia e a colaboración da Uap de Verin.

FEIRA DE NADAL

Do 9 ao 11 de decembro / Plaza García Barbón

11:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 h | Luns de 10:00 a 14:00 h

Mercado temático con postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. A feira contará tamén con animación musical e cun espazo dedicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita da figura máis tradicionais do Nadal, Papa Noel.

Organiza: Concello de Verín.

MARCHA SOLIDARIA

10, sábado / Praza García Barbón, 16:00h

O sábado 10 de decembro o Centro de lecer  “Os Mundos de Iker” organiza, en colaboración co concello de Verin a  primeira Marcha Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei. Poderán participar tanto nenos e nenas como adultos.

Organiza Os mundos de Iker. Colabora: Concello de Verín.

O TREN DO NADAL

20 de decembro ao 8 de xaneiro / Praza García Barbón

Tren eléctrico infantil con percorrido circular.

Organiza: Concello de Verín.

PRESENTACIÓN DO LIBRO «ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS» DE ROBERTO MERO COVAS

14 de decembro / Biblioteca de Verin, 19:30 h.

Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022.

Organiza Biblioteca de Verin.

CONCERTO CMUS DE NADAL

22 de decembro / 20:00 h no Auditorio Municipal de Verín

Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio de Música de Verín con repertorio clásico e de do Nadal. Neste concerto actuará o alumnado de todas as especialidades do conservatorio así como a Orquestra Infantil, o Coro e a Banda de Música.

Organiza: CMUS Verín.

PRESENTACIÓN LIBRO «DENDE A PONTE A MONTERREI» DE MIGUEL ÁNGEL PRIETO SOTELO

22 de decembro / Salón de Actos da Casa da Cultura, 19.30 h

Colabora: Concello de Verín.

XOGOS INCHABLES

24 de decembro / Praza da Mercé, Praza García Barbón e Praza do Concello

Actividade de Dinamización do Comercio Local organizada por AEVER en colaboración co Concello de Verín.

TEATRO FAMILIAR | O SECUESTRO DA BIBLIOTECARIA

29 de decembro / 18:00 h non Auditorio Municipal de Verín. Entrada gratuíta.

A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades para pagar polo rescate da bibliotecaria.

Organiza: Concello de Verín.

Múltiples propostas no Nadal de Verín

XOGOS INCHABLES

3 de xaneiro / Praza da Mercé, Praza García Barbón e Praza do Concello

Actividade de Dinamización do Comercio Local organizada por AEVER en colaboración co Concello de Verín.

GALA DE NADAL DE AEVER .

30 de decembro / Pavillón dos Deportes, 18:30 h.

Gala familiar de Nadal con humor, maxia e música.

Organiza: AEVER

GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS

5 de xaneiro / A partir das 18:00 h.

As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata.

Organiza: Concello de Verín.

TRIBUTO A PUCHO BOEDO

6 de xaneiro / 20:00 h no Auditorio Municipal de Verín.

Concerto tributo da man de José Antonio Alvar & Burgas Big Band.

Recollida de entradas no Auditorio Municipal o día da representación, a partir das 16:00 h.

Organiza: Concello de Verín.

TEATRO | SEMPRE NOS QUEDARÁ VENECIA

7 de xaneiro / 20:00 h no Auditorio Municipal de Verín.

Recollida de entradas no Auditorio Municipal o día da representación, a partir das 16:00 h.

Organiza: La Caja de Pandora de Verín.

Botón volver arriba