Eventos

Música e baile na Festa da Tapa de Chaioso

Non faltará a música e o baile na Festa da Tapa de Chaioso (Maceda) que terá lugar o 4 de xuño a partir das 20h.

Chaioso recupera a celebración de actividades unha vez superados os dous anos de pandemia. Esta aldea do concello de Maceda xa ten preparadas varias actividades para o 2022 onde volverá a reunir a decenas de persoas.

Música e baile na Festa da Tapa de Chaioso

A primeira desas actividades será a Festa da Tapa. Este evento gastronómico contará cun menú a base de tortilla, choca, ensaladilla, panceta a plancha, xamón asado e empanadillas. Non faltará un bo chupito de herbas ou licor café para completar o menú.

Angy e Miky en Chaioso

Por si a proposta culinaria non era suficiente, a organización presenta tamén actividades complementarias para esta festa. O Trío Gloss e o grupo Sesión Vermú serán os encargados de por a música. A maiores, Angy e Miky, con gran relevancia nas redes sociais, actuarán ofrecendo unha sesión de baile. Este dúo de bailaríns estará acompañado por Verónica e O Revirao.

Música e baile na Festa da Tapa de Chaioso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.