Noticias

Música e Cultura celebra o seu xantar de magosto

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia celebra o seu xantar de magosto coa participación de preto dun centenar de asociados.

Cunha masa social superior ós 300 socios, esta asociación reuniuse no restaurante Aixiña para celebrar unha das festas máis senlleiras da provincia de Ourense.

Música e Cultura celebra o seu xantar de magosto

Gastronomía e música foron o prato principal deste evento que forma parte da intensa programación que Música e Cultura desenvolve durante o ano. Os asistentes deron boa conta das viandas que formaban o menú e no que non faltaron os chourizos, a carne, o bo viño e uns licores.

Música e Cultura celebra o seu xantar de magosto
Foto: @asociacionmusicaecultura

Para rematar a xuntanza, tiveron lugar varias actuacións musicais. Gaiteiros, acordeonistas e os grupos Zoadeira, Cuncas do Son e a Charanga Escachapeitos, todos eles pertencentes a esta asociación, interpretaron unha selección de repertorio popular e tradicional.

Música e Cultura celebra o seu xantar de magosto
Foto: @asociacionmusicaecultura

Botón volver arriba