Unha boa selección de música e produtos locais de calidade son os ingredientes principais que atoparemos no Espírito Ribeiro 2022.
A nova edición deste evento que organizan os concellos de Castrelo de Miño, A Arnoia e Cenlle chega este fin de semana cunha excelente oferta cultural e gastronómica.
Música e produtos locais no Espírito Ribeiro 2022
Durante os días 19, 20 e 21 de agosto, estes tres concellos acollerán diversas mostras de produtos de proximidade. A Deputación de Ourense colabora nun evento que pon en valor, entre outros produtos, os mellores viños do Ribeiro.
O festival de sabores, música, mercado e produto de proximidade xa forma parte de moitas axendas. Numerosas persoas acudirán un ano máis a este evento cultural e gastronómico.
Programa completo do Espírito Ribeiro
A continuación presentamos o programa das tres xornadas das que consta o Espírito Ribeiro 2022.
19 de agosto – A Arnoia
- Actuacións de Cañita Brava, A Roda e Los Fabulosos Weekend
- Viño das adegas Alberte, Tear dos Dodi, Mauro Estévez, Eloi Lorenzo e Son de Arrieiro
- Produtos de Pastelería Santa Rita, Mel Libredón, Grupo Edvi, Pementos de Arnoia, Olivarnoia, Melsacra, Aboamigalla, Quesos Feijóo, Vinagres do Ribeiro, Galletas Bizcotela Galega, Bangus, Riomao Espazo Creativo, Nela Gourmet & Nela Biosense, Mima Handmade, Cien por Cel, Punto e Coma e La Central Heladera.
- FoodTrucks: Misco-Midas, La Pavoneta, Pink&Mint e Eco-Burgers Galegas
20 de agosto en Castrelo de Miño
- Actuacións de Roto e Descosida, Roi Casal e Ciao Raffaela
- Viño das adegas Ramón do Casar, Bodegosa, Señorío do Lancero, Cunqueiro, Eduardo Peña, Uceira e Adegas Celme
- Produtos de Melsacra, Aboamigalla, Quesos Feijóo, Vinagres do Ribeiro, Galletas Bizcotela Galega, Bangus, Riomao Espazo Creativo, Nela Gourmet & Nela Biosense, Mima Handmade, Cien por Cel, Punto e Coma e La Central Heladera.
- FoodTrucks: Misco-Midas, La Pavoneta, Pink&Mint e Eco-Burgers Galegas
21 de agosto en Cenlle
- Actuacións de Roni Macarroni, Soul&Roll e Tam Tam Go!
- Viño das adegas Viña Carpazal, O Cotarelo, Pazo de Toubes, Rexurdir, Leive e Laudes