Este sábado, 8 de febreiro, temos unha cita coa música evanxelista xitana no Auditorio de Ourense a partir das 20h.
Esta proposta forma parte da aposta do concello de Ourense pola diversidade cultural.
Música evanxelista xitana no Auditorio de Ourense
Durante o evento, os asistentes poderán gozar dun repertorio que mestura a tradición e a mensaxe de fe. A comunidade xitana mostra a través da música o seu profundo arraigo cultural e a súa espiritualidade.
Este concerto será de balde ata completar o aforo do recinto.