Un concerto con música galega e latinoamericana terá lugar hoxe no Son da Carballeira de Loiro da man de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas.
Ambos artistas presentan o concerto Camiño Aberto, un encontro/fusión de culturas. A música galega e latinoamericana convivirán nun programa seleccionado con mimo polos artistas.
Música galega e latinoamericana no Son da Carballeira de Loiro
A Asociación Loiro na Memoria, organizadora do ciclo de concertos, presenta este novo evento que comezará ás 22h. Unha nova oportunidade para gozar coa boa música no entorno natural da Carballeira xunto ó Museo Etnográfico de Loiro.