Natalia González Benéitez resultou reelixida como secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense tras tres anos de mandato nos que a unidade, a igualdade e a conexión co sentir social foron os piares fundamentais.
Durante a asemblea extraordinaria celebrada esta mañá, destacou o reto iniciado en marzo de 2022: «percorrer as rúas, encher as prazas e loitar contra a desilusión e a desmemoria«.
Natalia González Benéitez, reelixida secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense
A dirixente destacou o esforzo por normalizar e dinamizar o partido logo de anos de enfrontamentos internos. “A pesar do sufrimento electoral e da desafección cidadá, transformamos o ruído e a división en traballo e cohesión”, afirmou.
González Benéitez puxo en valor o papel clave das mulleres e da mocidade, subliñando que «non se entende un PSOE sen feminismo, equidade e a ilusión da xuventude».
O balance do mandato reflicte máis de 250 visitas e reunións con entidades, máis de 100 actos e máis de 50 xuntanzas da Comisión Executiva Municipal (CEM). “Non hai reto máis bonito e ilusionante que ser secretaria xeral desta agrupación”, destacou agradecendo o apoio recibido.
Pola súa banda, José Ramón Fernández Morgade, secretario de Organización, continuará na nova etapa. Morgade agredeceu o compromiso da secretaria xeral destacando as accións levadas a cabo en dereitos LGTBI, cultura galega e feminismo. Tamén Miguel Gómez, líder de Xuventudes Socialistas, valorou o apoio constante á mocidade.

A nova Comisión Executiva Municipal foi elixida pola militancia co 97,2% dos votos. Natalia González Benéitez encabeza un equipo paritario e renovado, con Xurxo Doval Blanco como vicesecretario xeral e José Ramón Fernández Morgade mantendo o seu posto. Entre as novas caras figuran responsables de áreas como Igualdade, Sanidade, Educación, Cultura, Memoria Democrática e moitas outras, reflectindo o compromiso coas demandas sociais actuais.
Comisión Executiva Municipal (CEM)
Co 97,2% dos votos emitidos:
- SECRETARÍA XERAL: Natalia González Beneitez
- VICESECRETARÍA XERAL: Xurxo Doval Blanco
- SECRETARÍA DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN: José Ramón Fernández Morgade
- SECRETARÍA DE IGUALDADE: Margarita Martín Rodríguez
- SECRETARÍA DE ACCIÓN ELECTORAL E PORTAVOCÍA: María Fernández Ojea
- SECRETARÍA DE POLÍTICA MUNICIPAL: Erica Conde Vázquez
- SECRETARÍA DE MOBILIZACIÓN E CASA DO POBO: Rosa Martínez Rodríguez
- SECRETARÍA DE POLÍTICA SOCIAL: Bibiana Paz Pereira
- SECRETARÍA DE SANIDADE: Amelia Rodríguez Rodríguez
- SECRETARÍA DE ECONOMÍA E FACENDA: Antonio Paradela Blanco
- SECRETARÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E VIVENDA: Alba Iglesias García
- SECRETARÍA DE TERMALISMO E TURISMO: Federico Pérez Mato
- SECRETARÍA DE MEDIO AMBIENTE: Celso Nóvoa González
- SECRETARÍA DE TRANSPORTE E MOBILIDADE SOSTIBLE: Bautista Rodríguez García
- SECRETARÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ: Rosa Rodríguez Tejera
- SECRETARÍA DE EDUCACIÓN: Sira Yebra González
- SECRETARÍA DE CULTURA E LINGUA: Manuel Freire Cid
- SECRETARÍA DE FORMACIÓN: María Teresa Ansias Bacelar
- SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN E REDES: Edith Filgueira Rodríguez
- SECRETARÍA LGTBI: Bryan Josué Álvarez Lacayo
- SECRETARÍA DE DEPORTE: Borja López Trigás
- SECRETARÍA DE EMPREGO E ACCIÓN SINDICAL: José Ángel Carreira Martín
- SECRETARÍA DE COMERCIO E INDUSTRIA: Rubén Amorín Díaz
- SECRETARÍA DE MEMORIA DEMOCRÁTICA: Francisco J. Quintas Ferreño
- Sª ADXUNTA POLITICA SOCIAL E IGUALDADE: Ainoa Rodríguez Álvarez
- Sª ADXUNTA MEDIO AMBIENTE, TRANSPORTE E MOBILIDADE: Juan A. Rey Pérez
- Sª ADXUNTA EDUCACIÓN E FORMACIÓN: Antonio Blanco Rodríguez
- Sª ADXUNTA PARTICIPACIÓN CIDADÁ: José Luis Regal Lamelo

Representantes da Agrupación Municipal para o Comité Nacional (CN)
82,5% dos votos emitidos:
- ALBERTO FERNÁNDEZ
- OLALLA MEIRIÑO LÓPEZ
- XOSÉ LOIS CARRIÓN GONZÁLEZ
- ROSA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ
- FEDERICO PÉREZ MATO
- MARÍA TERESA ÁNSIAS BACELAR
- MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ OJEA
- SUSANA BAYO BESTEIRO
- JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ
Representantes da Agrupación Municipal para o Comité Provincial (CP)
98% dos votos emitidos:
- JOSÉ RAMON FERNÁNDEZ MORGADE
- ALBA IGLESIAS GARCÍA
- ELADIO GOMEZ ROSALES
- ELENA DE PRADA CREO
- CELSO NÓVOA GONZÁLEZ
- AINOA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
- DAVID VALDERAS DOMARCO
- KATIA FERREIRA GOMEZ
- JOSÉ LUIS BRAVO MONTERO
- AMELIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
- ANTONIO PARADELA BLANCO
- NOELIA VILA SEIJAS
- RUBEN PUGA RAMOS
- MARIA JOSÉ REY PÉREZ
- CARLOS GUSTAVO HÜTTNER SÁNCHEZ
- CRISTINA GONZÁLEZ CID