Natalia González Benéitez, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Ourense, lamenta a posición do PP ante a moción de censura.
Para González, a postura do PP «garante a continuidade de Gonzalo Pérez Jácome na Alcaldía» ó escoller «o Pacto da Alameda ó Pacto da Concordia«.
Natalia González lamenta a posición do PP ante a moción de censura
Noelia Pérez, concelleira do Partido Popular, indicaba que se retiraban do proceso de negociación da moción de censura polo veto imposto polo BNG.
«Dende o primeiro minuto comprometémonos a acadar unha saída para a cidade, sen liñas vermellas, con responsabilidade e poñendo o interese público por riba dos intereses partidistas, e así foi en todo momento ata o día de hoxe. Sen escusas, sen vetos, sen postureo, con 14 propostas ou compromisos políticos irrenunciables para sacar adiante entre tres formacións políticas» lembra Natalia González.
![Natalia González lamenta a posición do PP ante a moción de censura](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2024/07/AlbaIglesias_NataliaGonzalez_MariaFernandez.jpeg)
Con esta situación, González Benéitez indica que «acabouse o paripé do Partido Popular» e deixa aberta a posibilidade a retomar nas negociacións.