Noticias

Nil Moliner pon a banda sonora ao venres das Festas de Ourense 2025

As Festas de Ourense 2025 viven este venres, 20 de xuño, unha das súas noites máis esperadas cun prato forte musical: o concerto de Nil Moliner.

Este soará con forza a partir das 23.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios. O artista catalán, recoñecido polos seus éxitos pop cheos de enerxía e boas vibracións, reunirá a milleiros de fans nun dos eventos estrela do programa.

Nil Moliner pon a banda sonora ao venres das Festas de Ourense 2025

Música, xogos e literatura animan unha xornada para todos os públicos.

Nil Moliner pon a banda sonora ao venres das Festas de Ourense 2025

A festa non rematará co directo: desde as 00.45 horas, o mesmo espazo acollerá unha sessión DJ que se prolongará ata as 03.00 da madrugada, mantendo vivo o ambiente festivo.

A xornada completarase con múltiples propostas culturais e de lecer para todos os públicos:

  • A Feira do Libro, no Parque de San Lázaro, continúa a ofrecer encontros con autores e novidades editoriais.
  • O mercado medieval, continúa nos exteriores do Pavillón dos Remedios. Este espazo mergulla ao público nunha viaxe ao pasado entre postos de artesanía, gastronomía e espectáculos de rúa.
  • As atraccións festivas seguen funcionando na zona do Parque Barbaña, converténdose nun punto de encontro para familias e mocidade.
  • No parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina), os máis pequenos poden gozar da xincana de inchables, que combina xogo e actividade física nun entorno privilexiado.

Ademais, ás 20.00 horas comeza o Torneo de Futbolín Máster de Ourense, en modalidade exprés de tenteo, no anexo do Pavillón. Unha cita que reúne a afeccionados e curiosos deste clásico do entretemento, nun ambiente distendido e competitivo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.